Obradoiros de cerámica en setembro

Iniciamos esta semana os diferentes obradoiros subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar. Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Hoxe visitaron un grupo de nen@s do Campamento de Xunqueira as instalacións do “Museo-Taller de Olería” para coñecer a historia do barro e mais dos cacharreiros e a olería en Xunqueira.

A actividade tivo dúas partes, a explicación do museo e un obradoiro de olería.

Durante o mes de setembro e ate a primeira semana de outubro ábrese o “Museo-Taller de Olería” aos colexios da bisbarra.

Esta actividades piloto están pensadas para escolares da bisbarra. A idea e desenvolver experiencia piloto gratuítas e a partir destas comezar a publicitar a actividade entre colexios, asociacións… de cara a iniciar unha actividade fixa

 LUGAR DE REALIZACIÓN

Museo-Taller de Olería

DESTINATARIOS:

Destinatarios finais:  escolares e moz@s

PLANIFICACIÓN DA ACTIVIDADE (60 min)

  1. Visita didáctica da exposición
  2. Obradoiros de olería. Elaboración de colgante pola técnica do vaciado.

Asi mesmo presentamos as actividades de olería que se desenvolveran no mes de setembro no “Museo-Taller de Olería”

Para contactar:

Patricia: 661 819 106

iNICIATIVA xOVE_2016

Posted in Uncategorized | Leave a comment

Cambio de data!!!!

Atención, o obradoiros “Sons da Ribeira Sacra” posponse por un problema técnico. En canto teñamos data avisamos.

Grazas.

Posted in Uncategorized | Leave a comment

Inicio da Semana Cultural “Open Ribeira Sacra”

Hoxe deu comenzo a Semana Cultural “Open Ribeira Sacra” que organiza a Asociación Xuvenil “Os Xuncos” grazas a subvención da Deputación Provincial de Ourense.

OPEN RIBEIRA SACRA_POSTER

 

Posted in Uncategorized | Leave a comment

ÚLTIMO FIN DE SEMANA DE RIVOIRA SACRATA. O AGRO CREATIVO

Aproximase o último fin de semana de actividades que iniciaremos o venres pola tarde con prestixiosos micólogo Alejandro Mínguez que nos aproximara ao universo dos COGOMELOS. A normativa, as empresas micolóxicas ou unha interesante saída ao campo na procura de cogomelos son algunha das propostas para este verres pola tarde (16.00-20.00h)

O sábado chega repleto de actividades, pola maña e a partir das 11 da maná Manuel López de Castaña de Galicia (IXP) presentaranos todas as posibilidades dun dos froitos mais interesantes do agro galego: a castaña. Cun obradoiro ameno sumerxirémonos en todas as posibilidades que nos oferta este delicado manxar.

A tarde do sábado vira Ruth Pereira do IGAPE para mostrarnos todas as posibilidades que oferta o noso agro para crear empresas creativas. Un dinámico obnradoiro que nos mostrará como montar a nosas propia empresa no noso pobo.

E finalmente domingo completo da Man de Pablo Rodríguez, o Xures. Pablo mostraranos a súa aposta persoal “Granxa Familiar de Puxedo” e desenvolverá, con diferentes persoas da contorna, distintos obradoiros de pan, castañas, mel… toda unha experiencia que non debedes de perder.

Anotádevos xa na Asociación pois temos prazas limitadas!!!!

Posted in Uncategorized | Leave a comment

CAMBIO DE DATAS PARA O OBRADOIRO DE COGOMELOS!!!!

Por causas axenas a organización vemonos na obrica de cambiar a data do “obradoiro de cogomelos” impartido polo reputado micólogo Alejandro Mínguez.
O obradoiro previsto para o domingo 4 de octubro TRASLADASE PARA A TARDE (16.00-20.00h) DO VENRES 9 DE OUTUBRO.

Este domingo descansamos para coller forzara para o longo e interesante fin de semana do 9 ao 11 de outubro no que comezaremos co obradoiro de “cogomelos” (venres) seguiremos co de “castaña” e “creación de industrias agroalimentarias” (sábado) e finalizaremos coa interesante excursión a “Granxa Familiar de Puxedo” no Xures.

Para asistir a excursión DEBEDES DE APUNTARVOS XA!!!!

Posted in Uncategorized | Leave a comment

MEL E CERATOS. RESUMO

Interesantísima a xornada do sábado 26 de setembo na que Fina Pérez nos introduxo no apaixoante mundo  da apicultura e Margarita Carballeda no interesante universo dos ceratos mediciñais. A proposta foi todo un éxito e en Xunqueira xa se escoitan voces demandando novos obradoiros para elaborar diferentes productos cosméticos e medicinais a partir da mel, cera,  aceite de oliva e as prantas da contorna.

IMG_1970 IMG_1931 IMG_1935 IMG_1938 IMG_1942 IMG_1944 IMG_1946 IMG_1951 IMG_1964 IMG_1966

Posted in Uncategorized | Leave a comment

OBRADOIROS DO SÁBADO 26 DE SETEMBRO: APICULTURA E CERATOS MEDICINAIS

Un interesante fin de semana nos agarda en Xunqueira, o fin de semana comeza con dous interesantes obradoiros,

Durante a mañá do sábado (10.00-14.00h) disfrutaremos dun interesante obradoiro de apicultura: “A colmea, fonte de recursos” dirixido por Serafína Pérez, bióloga e membro da Asociación Galega de Apicultores (AGA).

20130228090300-abella-flor

A tarde do sábado Margarita Carballeda, botánica medicinal, introduciranos no fascinante mundo dos ceratos medicinais, cremas elaboradas a partir de plantas.

E para rematar o sábado as diferentes asociacións de Xunqueira convídannos a unha estimulante proposta gastronómica “Espétalle un pincho” https://www.facebook.com/events/1182295048452442/

E pechamos o fin de semana o domingo coa “experiencia apícola” que Serafina nos propón o domingo no Castelo de Maceda.

Posted in Uncategorized | Leave a comment